miércoles, 15 de marzo de 2017

ORIENTACIONES A FAMILIAS

ORIENTACIÓNS SOBRE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE 
Ø  Fálalle amodo e de forma clara.
Ø  Fálalle correctamente e non imites a súa forma de falar.
Ø  Non o atosigues porque che pareza que vai lento, cada quen ten o seu ritmo para falar.
Ø  Dálle tempo para que responda as túas preguntas.
Ø  Sinala ou marca turnos de intervención do neno. Intenta que o teu fillo respecte as quendas da comunicación.
Ø  Repítelle todo as veces que necesite, pero sempre de forma natural.
Ø  Non corrixas inmediatamente as producións erróneas do neno. Utiliza esa palabra nunha frase para que a escoite ben producida e ademais exténdea. (Exemplo: “o can lada” diselle: sí, é verdade, “o can que xoga con ese neno ladra moi forte”).
Ø  Realiza actividades co neno, sobre todo aquelas que estimulen a linguaxe espontánea.
Ø  Escolle unha actividade que ao neno lle resulte motivante e atractiva  para que ésta provoque a linguaxe no neno.
Ø  Compórtate de forma “novata” co neno, é dicir, pídelle que che explique as cousas que está vendo, o xogo co que está xogando.., coa finalidade de conseguir compartir cousas con él.
Ø  Despois de facer unha actividade interesante para o neno, como viaxes, aniversario, excursións... comenta con él todo o que ocorreu, fálalle dese acontecemento, que che conte o que pasou...
Ø  Utiliza preguntas abertas. Anímao a contestarche con algo máis que si ou non. Amplía as súas mensaxes.
Ø  Fálalle de persoas, feitos e lugares que estén presentes no contexto no que habitualmente se encontra o neno. Situacións de aquí e agora.
Ø  Facer collages con recortes de revistas e inventarse historias ou contos.
Ø  Dramatización - expresión corporal de contos.
Ø  Contar cousas de forma ordeada: que fixo antes e despois, que fará enseguida, máis tarde...
Ø  Preguntarlle a miúdo polos seus xogos e escoitar as explicacións.
Ø  Mirar con él contos e revistas e que diga os nomes dos obxectos que aparecen nas imaxes.
Ø  Contarlle contos facéndoo partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas.
Ø  Facerlle preguntas sobre cousas que ocorren na súa vida cotiá, para que desenrole a capacidade de atención.
Ø  Non intentes correxir os erros fonolóxicos do neno, limítate a que o neno te escoite correctamente e comprenda o que queres dicir.
Ø  Adapta a lonxitude dos teus enunciados á capacidade do neno.
Ø  Non rirse nunca dos erros fonolóxicos cometidos polo neno.
Ø  Inclúe nos teus enunciados un maior número de peticións de información que de accións, para estimular que o neno fale.
Ø  Intenta que o teu fillo sinta que o comprendedes, fai esforzos por comprendelo e que o neno non se sinta frustrado, ata o de agora é mais importante o contido da mensaxe que a súa forma de expresalo.
Ø  Sempre que o neno inicie unha conversa intenta que esta se manteña o maior tempo posible.
Ø  Si lle custa utilizar correctamente algunha das partes da oración ou as constrúe mal, ofrécelle o modelo correcto, pero tomando aquelo que dixo e repetíndollo ben. (Exemplo: “¿e su ache do seu papá?”. Si, é o coche do seu papá, é de cor vermello, como a mín me gustan ¿a ti como che gustan os coches?.
Ø  Valora os pequenos avances, refórzao.
Ø  Contesta ás preguntas que supoñan ampliación de coñecementos. Escoitao e anímao. Dálle “a volta” as súas preguntas animándoo a pensar e a manifestar as súas opinións (Exemplo: ¿por qué......? ¿A ti que che parece?).
Ø  Aproveita as ocasións nas que o neno disfruta contigo para falar con él, xoga con él, léelle contos, debuxa... Ensínalle cancións, adivinanzas, refráns,…
Ø  Buscar diferencias entre láminas de debuxos semellantes.
Ø  Xogar ao “Vexo vexo” (nombrándolle características do obxecto).
Ø  Recordar nome, apelidos, profesión dos pais, saber a súa dirección completa…
Ø  Xoga co neno a imitar sons da contorna, de animais ou persoas, ensínalle de onde proceden e anímao a imitalos.
Ø  Fomenta o xogo imaxinativo do teu fillo, que xogue a peinar bonecas, a conducir, a xogar na granxa,...
Ø  Xoga co teu fillo a facer movementos cos beizos, como facer “morritos”, dar bicos, facer pedorretas...; ca lingua, lamerse os beizos, sacar a lingua fora da boca, subila ata o nariz...(é importante fortalecer os músculos que interveñen na fala).
Ø  O neno pode xogar a soplar molinillos de vento, facer burbullas de xabón, soplar silbatos, inflar globos... (o soplo xoga un papel importante na fala, potenciandoa).

                              Falar ben, ter unha boa capacidade para
                expresarnos, ábrenos as portas ao mundo,

                 facilítanos a relación cos demáis e permítenos                     estructurar as nosas ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario